miércoles, 22 de marzo de 2023

VISITA DAS MULLERES CIENTÍFICAS ANA BUTRÓN E NOEMI GESTEIRO

HOXE RECIBIMOS NO COLE A DÚAS MULLERES CIENTÍFICAS (ANA E NOEMÍ) DO CSIC E DA MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA.

VIÑERON Ó COLE PARA EXPLICARNOS EN QUÉ CONSISTE O MÉTODO CIENTÍFICO. COMO RECURSOS UTILIZARON UN VÍDEO E UN PEQUENO TALLER NO QUE FIXERON UN EXPERIMENTO CON GRANS FURADOS E SEN FURAR, E MAZAROCAS DE MILLO. 

COMPROBARON QUE OS GRANS CON BURACOS NON EXPLOTAN E OS GRANS SEN BURACOS EXPLOTAN E CONVÉRTENSE EN FLOCOS. XS NENXS ESTIVERON MOI ATENTXS, OBSERVARON, FIXERON HIPÓTESES E SACARON CONCLUSIÓNS.

TAMÉN NOS COMENTARON COMO TRABALLAN XS CIENTÍFICXS E A IMPORTANCIA DE LOITAR POLA IGUALDADE NA CIENCIA.
PERO DENDE LOGO O MELLOR DE TODO FOI COMER OS RICOS FLOCOS QUE NOS PREPARARON CON GRANS DE DIFERENTES CORES (AMARELO, BLANCO E MORADO).
🌽🌽🌽🌽🌽🌽🌽🌽

























No hay comentarios:

Publicar un comentario