jueves, 15 de junio de 2023

SAÍDA FIN DE CURSO

ESTE XOVES 15 DE XUÑO, A POUCOS DÍAS DE REMATAR O NOSO PASO POR EDUCACIÓN INFANTIL, FIXEMOS UNHA SAÍDA MOI CAMPESTRE E DIVERTIDA Ó PARQUE ETNOARQUEOLÓXICO OUTEIRO DAS MOURAS.

CHEGAMOS EN AUTOBÚS, A PRIMEIRA SORPRESA QUE NOS ATOPAMOS FORON UN POTRIÑO E A SÚA MAMÁ, UNHA FERMOSA EGUA MARRÓN, QUE TROTABAN POLO MONTE, PARECE QUE NOS QUERÍAN SAUDAR.

LOGO FIXEMOS UNHA PEQUENA RUTA MOI FERMOSA E FRESQUIÑA ATA CHEGAR ÁS CABANAS ARQUEOLÓXICAS. ALÍ SAUDAMOS Ó XABARÍN🐗, VISITAMOS TODAS AS CABANAS, E DEMOS UN RECORRIDO POLO LUGAR.

BAIXAMOS, E COA CALOR QUE FACÍA, DECIDIMOS MERENDAR DEBAIXO DUNHA SOMBRA BEN FRESQUIÑA QUE ADEMÁIS TIÑA UNHA FONTE DE AUGA POTABLE, NA QUE NOS REFRESCAMOS AS MANS E A CARA, PARA SEGUIR O NOSO PASEO ATA O AUTOBÚS.

DALÍ FOMOS UN MOMENTIÑO ATA O PARQUE DA CASA VERDE E VOLTA PARA O COLE.

QUEREMOS AGRADECER A LAUREANO O PAPÁ DE HELENA POR TODA A AXUDA E XESTIÓN, GRACIAS A ÉL FIXEMOS ESTA SAÍDA DE MANEIRA GRATUÍTA PARA TODOS.

FOI UN DÍA MOI CHULO NA COMPAÑÍA DOS NOSOS AMIGOS DE 4 ANOS E DAS PROFES MARÍA JOSÉ E MARÍA. 

AQUÍ VOS DEIXO UNHAS PRECIOSAS FOTOS DA NOSA EXCURSIÓN

🌲🍀🌳🐗🐎🌲🍀🌳🌲🐗🐎🌲🍀🌳

































No hay comentarios:

Publicar un comentario